miércoles, 11 de marzo de 2009

A palabra do Presidente

Non se trata aquí de fardar, como faría un presidente dun Barça ou Madrid, nin de recordarlles ós máis incrédulos como se deben face-las cousas.
O inmportante é recordar que aínda que sexa difícil, unha palabra debe ser sempre respetada e cumplida.
Como exemplo a palabra dada polo "presi" na vestiario nunha soleada mañá de inverno e na que prometía un gol.
E como non podía ser doutro xeito cumpliuno e ben que o fixo. SuperGolazo no derradeiro segundo de partido. Magnífica execución dun disparo desde os 11 metros. Balón que se cola pola escuadra sen que o porteiro poida facer nada para evitalo.
Polo demáis un partido intenso no que o saber facer, as boas paradas do porteirazo, xunto cunha robusta defensa e un tolo ataque de nada serviron para acabar derrotados por 5 a 3 contra un rival directo.
Aínda así, bo rollo, e un partido máis no que algún tivo que morde-las súas palabras de dúbida e outros rematar toupados polo sacrificio realizado.
E como non se trata de gañar un premio de literatura aquí o deixamos e sorte para a vindeira xornada.

No hay comentarios: